Asistentes virtuais

No mes de marzo tivemos o pracer de contar ca charla sobre Asistentes virtuais da man do noso compañeiro Jose.

Descubrimos que o primeiro asistente non foi Siri (Iphone), se non que polo 1962 xa empezabamos a inventar estes tipos de “compañeiros” co fin de facilitarnos as tarefas diarias.

Tanto Alexa de Amazon como o Asistente de Google podemos usalos para que nos faciliten as nosas tarefas diarias, xogar con eles ou, a parte máis descoñecida polo propio usuario…que eles nos usan a nós como o seu producto e parte do seu espionaxe.

Se tedes pensado introducir un aparello na vosa vida, lembrade que a única forma de que deixe de “escoitarvos continuamente” é desconectalo da alimentación directamente 🙂


Deixa un comentario