Iniciación á modelaxe 3-D para animación

Impartido por Iñaki Quenerapú. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. Duración: 3 horas. Máximo de prazas: 16. Neste obradoiro as nenas e nenos traballarán en grupo de dous para construir e modelar coas súas mans obxectos 3D do mesmo xeito que o farían no ordenador. A idea é comprender conceptos importantes, transversais, do modelado 3D como son os nodos, os modelos, os obxectos, as texturas,a luz, etc. Durante o obradoiro o monitor/titor proxectará fragmentos de documentais sobre como se fixeron populares películas de animación que todos coñecen e comentará as equivalencias do que ven co que veñen de facer coas súas mans.

E así foi como pasamos a mañá deste sábado, iniciándonos na modelaxe 3D para animación 3D.

Velaí vai un resumo de cómo foi a nosa evolución:

  1. Modelamos a man a metade dunha copa con aramio usando coma patrón un debuxo xa feito. Curioso, verdade?

2. E agora qué iamos a facer cun anaco de aramio? Cómo se fai a modelaxe en 3D? Varias cuestións rondaban polas nosas cabezas, e pouco a pouco fomos comprendendo…

Unimos dúas partes de aramio, e puidemos ver cómo se formaba a imaxe completa!!

3. Unha vez que visualizamos cómo se forma un obxecto 3D no mundo real….puxemos en práctica no mundo virtual usando o programa Thinkercard. Creamos un avatar coa súa cabeza, seus ollos, un sombreiro… Probade, probade e decídenos se vos parece doado 🙂

4. O noso avatar, trasladámolo ó mundo Minecraft.

5. E tamén o “LegoLizamos”, pasámolo ó mundo de LEGO

6. Finalizamos esta parte do obradoiro, creando o proxecto das gafas dende cero entre todo o equipo.

Deixa un comentario