Abellas, velutinas e bechos de dúas patas

Impartido por Adrián Serantes. Dirixido tódolos públicos. Duración: 2 horas. Nesta actividade faremos un percorrido polo mundo das abellas e da súa importancia no noso ecosistema. Falaremos das ameazas que afectan a súa supervivencia, velutinas incluídas, e da evolución da apicultura nos derradeiros anos.

Tamén teremos tempo de probar varios tipos de meles de diferentes floracións e as características botánicas de cada unha.

E tal e cómo anunciabamos na presentación, así aconteceu o sábado. Descubrimos un mundo totalmente descoñecido para tódolos asistentes da man de Adrián Serantes, apicultor afincado en Rarís (Teo). Como en calquera terreo que imaxinemos, os comezos non soen ser doados, pero cando tes a sorte de adicarte a unha das túas paixóns na vida atopándolle o sentido, gran parte do triunfo o tes asegurado. E así foi como o noso abelleiro, nos contou parte da súa historia…

Fixemos unha viaxe alucinante por esta adicación tan necesaria para o noso ecosistema e tan pouco recoñecida. Puidemos coñecer os beneficios do mel, ver como antigamente eran as colmenas galegas e o motivo desa maneira de construílas. O mel que íamos catar, nada tiña que ver co que se fabrica industrialmente…

Catamos o mel de A Golada, O Courel e de Teo. Cada unha dun sabor diferente…e todo é debido ás floracións autóctonas de cada zona, clima e temperaturas.

O noso apicultor Adrián, recolle o mel dúas veces no ano…Ollade a diferencia de cores nas diferentes colleitas dos derradeiros tres anos de Teo.

Canto menos, é curioso, non sí?

Como derradeiro punto deste obradoiro, falounos da coñecida velutina. Especie invasiva que chegou a Galicia para quedarse definitivamente, dadas as condicións climáticas favorables que teñen para a súa reprodución. Decimos invasiva porque, se non intentamos controlala, acabará cas nosas abellas e o seu ecosistema.

Podemos construír trampas “caseiras e ecolóxicas” como esta… engadindo no seu interior auga, azucre e levadura.


Deixa un comentario