Que somos

Ti xa viches no Sanmartiño (e se non, ensinámoscho na nosa galería de actividades):

Somos un grupo de veciños e veciñas de Teo que nos coñecimos no evento LIBRETEO que organizou o concello de Teo nos anos 2016 e 2017 e que no de 2018 colaborou coa realización do mesmo. No seu sitio web podes ver un resumo do LIBRETEO deste ano. A maioría de nós participamos nese evento como voluntarios e voluntarias e quedamos con ganas de máis. Así que constituímonos como asociación a mediados de 2017 e temos o plan de propoñer actividades relacionadas coa promoción, a formación e a divulgación da tecnoloxía libre, da cultura libre, do coñecemento libre, da comunicación libre e dos recursos libres.

Co desexo de animar á xente a que se xunte e faga cousas boas traballando en equipo. Nada nos faría máis felices.

Desde Teo para o mundo!

Deixa un comentario