Próxima Actividade

FALAREMOS DE…

Continuamos Outubro cun obradoiro dirixido ó público adulto e xuvenil.

Lembrade anotarvos en info@aberteo.gal indicándonos Nome e Apelidos. Pasaremos lista, antes de comezar 🙂

19/10/2019

Unha radio para todas

Impartido por Iván Tourís e Patty Castro. Dirixido para o público adulto e xuvenil. Duración: 3 horas. Máximo de prazas: 20.

Iván Tourís explicará o que ven sendo unha radio online. As ferramentas para a creación da radio, posta en marcha e grabación de programas incluíndo directos. Traballará dende a plataforma A Xente de Teo, creada para a colaboración e a difusión das asociacións teenses.

Patty Castro, vocalista de varios grupos de Metal e Rock. Creadora do proxecto MGK (Mulleres Galegas Kañeras). Participou coma locutora nun programa de radio en Cataluña. Coa súa voz, púxolle verbas a locucións de libros de texto pertencentes á editorial Anaya. Con toda esta traxectoria e coñecedora da materia nos explicará cómo son os diferentes programas que se poden emitir na radio actual.

Se nos acompañas, terás o provilexio de grabar un anuncio con diferentes voces e cómo enganchar ós radiointes con el. 🙂

Deixa un comentario