Actividades Aberteo 2020

Marzo

Mapathon por Teo (xornada 1)

Por Jorge Lama.
Sábado 14 mar. 10:30-13:30h.

Xornada previa de preparación, obtendo ortofotos da zona e analizando datos de interés. As ortofotos son imaxes aéreas (tomadas neste caso desde un dron), que son corrixidas para representar unha proxección ortogonal sen efectos de perspectiva, e na que, polo tanto, é posible realizar medicións exactas. 😃

Abril

Mapathon por Teo (xornada 2)

Por Jorge Lama.
Sábado 4 abr. 10:30-14:00h.

Mapathon na zona escollida do concello de Teo e volcado da información recollida a OpenStreetMap, o proxecto colaborativo a nivel mundial para crear mapas editables e libres. 😃