Iniciación ao deseño de videoxogos

Impartido por Iñaki Quenerapú. Dirixido a nenas e nenos entre 7 e 12 anos. Duración: 3 horas. Non é preciso coñecementos previos, unicamente vir con moitas ganas e imaxinación 🙂 Os asistentes traballarán en grupo de dous para deseñar a súa propia versión do popular videoxogo Clumsy Bird. Gráficos, música de fondo e efectos de son estarán completamente nas súas mans. Mentres tanto, Iñaki explicaralles conceptos básicos de programación de videoxogos.

Para este obradoiro, non é preciso que traiades de casa, ningún tipo de material, todo o que usemos, será aportado por nós.

E así foi, o sábado o noso público máis miúdo estivo deseñando o seu propio videoxogo, curiosamente con papel, lapis, rotuladores e moita imaxinación.

Velaí vai o proceso:

  1. No primeiro bloque, coñeceron como é un videoxogo por dentro, de qué está formado. O que, non vemos cando nos poñemos diante da pantalla. Aprederon a palabra SPRITE 🙂

2. Unha vez feita a presentación do que ían descubrir, puxéronse mans á obra e creando o seu propio proxecto. (como vedes, lapis, papel, rotuladores e imaxinación)

3. Unha vez rematados os bosquexos, dixitalizamolos para seguir coa creación

4. E despois de traballar, velaí vai o resultado final. Temos realmente a uns xenios en potencia 🙂 Qué opinades?

Para ver o resultado final, preme aquí

Deixa un comentario