Windows vs Ubuntu vs OSX

Impartido por Christian Lópex. Dirixido a tódolos públicos. Duración: 1h 30 min, apx. Contará de dúas fases: a primeira será dunha charla por parte do poñente dónde describirá as características de cada Sistema Operativo, e unha segunda na que se farán preguntas ós asistentes abrindo así paso ó debate entre todos.

E así ocorreu este sábado 14/09, demos un paseiño polos tres sistemas operativos da man de Christian valorando os pros e mailos contras de cada un deles. A verdade é que non existe un SO completo para facer todo, todos son bos no seu eido.

Tras a charla, abreuse un debate interesante no que cada asistente deu o seu punto de vista sobre o que coñecía de cada un.

Deixa un comentario