A Xente de TEO

A Xente de Teo presentouse este domingo 09 de Xuño no FESTEO 2019 na Carballeira de Francos.

Este proxecto nace da man conxunta da Asociación A Regionalista , Asociación Trinxidoiro e nós ABERTEO, para ser a plataforma que dea cobertura, proporcione colaboración e dea difusión de tódalas actividades das asociacións teenses que queiran facer uso dela. Como por experiencia sabemos que a unión fai a forza, unidos abarcamos máis público e chegamos a máis veciños que cada un polo seu pé.

A presentación oficial foi no FESTEO o domingo, mais este proxecto leva unha andaina detrás de reunións previas para acadar obxetivos en común.

Iván Tourís (presidente de Aberteo ) e Víctor Míguez (presidente de Asociación Trinxidoiro) explicaron cómo naceu e cómo funcionarán tanto a web como a radio comunitaria.

Iremos informando dos progresos deste proxecto en común.

Velaí van unhas probas gráficas da presentación.


Deixa un comentario