Doazóns de equipos

Neste apartado iremos introducindo as novas referentes ás doazóns de equipos actuais que ten en marcha o Concello de Teo.
Dende a asociación colaboramos con voluntariado co Banco Municipal de Electrónica do Concello de Teo recollendo doazóns de equipos antigos, móbiles e trebellos para reciclalos e reacondicionalos para o seu uso (na medida do posible).

Se non tes suficientes recursos para adquirir un equipo informático completo para traballar, estudar etc (traen LIbreOffice e a Wikipedia en modo OffLine completos) ponte en contacto co Concello de Teo e eles o xestionarán.

O horario de atención ó público do Banco Municipal de Electrónica é os xoves de 17:00 a 20:00h.*


Deixa un comentario