Xuño 2019

En Xuño do 2019 sae nos medios o convenio asinado entre a Consellería de Educación, a directora de AMTEGA e a presidenta de Microsoft de España afecta ao tecido produtivo das TICs incrementando a dependencia tecnolóxica.

Aberteo como asociación defensora da promoción, formación e divulgación da tecnoloxía libre, da cultura libre, do coñecemento libre, da comunicación libre e dos recursos libres non está dacordo co convenio asinado, xa que mudaría e privatizaría o uso da tecnoloxía accesible.

Asinamos a petición á Xunta de Galicia, conxuntamente con outras asociacións da contorna, para que rexeite o acordo con Microsoft por ser perxudicial para a sociedade galega.

Para máis información, prema aquí.

Deixa un comentario