O que vai vir…

Comezaremos Outubro con cultura libre e coñecemento libre.

05/10/2019

Iniciación á modelaxe 3-D para animación

Impartido por Iñaki Quenerapú. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. Duración: 3 horas. Máximo de prazas: 16. Neste obradoiro as nenas e nenos traballarán en grupo de dous para construir e modelar coas súas mans obxectos 3D do mesmo xeito que o farían no ordenador. A idea é comprender conceptos importantes, transversais, do modelado 3D como son os nodos, os modelos, os obxectos, as texturas,a luz, etc. Durante o obradoiro o monitor/titor proxectará fragmentos de documentais sobre como se fixeron populares películas de animación que todos coñecen e comentará as equivalencias do que ven co que veñen de facer coas súas mans.

19/10/2019

Web Scrapping. Ferramentas, librerías e cómo sacar proveito dos datos da web.

Impartido por Christian López. Dirixido a tódolos públicos. Duración: 1 hora e media apx. Neste obradoiro veremos qué vén sendo esto do Web Scrapping. Ferramentas, opcións e exemplos de cómo coller datos dunha páxina web. Todo o exposto virá acompañado de varios exemplos reais no proxecto de GaliciaCorre (obradoiro impartido en Maio deste ano).

Comezamos Novembro con…

16/11/2019

Internet divertido

Impartido por Iñaki Quenerapú. Dirixido a tódolos públicos, especialmente a partires de 10 anos. Duración: 2 horas. Nesta divertida charla coñeceremos anécdotas sobre a construción de Internet así como contidos especiais (sitios web raros ou fóra do común) que provocarán risotadas, sorpresa ou incredulidade nos asistentes. Polo medio o relator incluirá tamén, aleatoriamente, referencias e comentarios sobre sitios web sorprendentemente úteis ou absolutamente inúteis.

Unha charla para aprender, entre bromas, cousas novas, curiosas e sorprendentes sobre Internet.

Deixa un comentario